menu close menu

Como celebración do Día Internacional da muller, e como club de montaña e actividades de montaña, grazas ao noso entorno queremos dar o noso apoio e honrar estas mulleres de montaña realizando un paseo polos arredores da nosa sede no Xurés e rematando a celebración cunha comida nas nosas instalacións, algo significativo, sen máis pretensións que unha reunión festiva. Agardamos a súa presenza. Confirmar asistencia, mais info e inscripcions: +34 676030753 / [email protected]. Día 8 de marzo de 2020. Hora: 11:00 horas. Saída e chegada dende Aviva Outdoor Sports Centre, Maus de Salas 32880 Ourense. Hora do xantar: ao remate da camiñada. Prezos: 15 euros non federados (sen licenza de montaña). Inclúe seguro para a actividade e comida. 10 euros federados (con licenza de montaña). Inclúe comida. Información sobre a camiñada: Ruta Megalítica, arredor do encoro de Salas, a 13 km. Sen dificultade. Información sobre a comida: realizarase nas nosas instalacións. Menú: pasta AvivA, (prato de pasta con picado de carne estilo AvivA), bebida, sobremesa, café ou infusión. Prazas limitadas: 30 persoas. (Se quiséras vír a camiñada sin pagar, seria pola túa conta e risco, non hai limite de prazas, te xuntarias co resto dos participantes na saída, caso de ser así sería baixo a túa responsabilidade e risco.) Número mínimo de participantes para a camiñada e o xantar: 10 persoas. Hai posibilidade de aloxamento, cea e almorzo nas nosas instalacións, para os que desexen ir o sábado 7 de marzo, por un prezo de 25 euros por persoa. Limitado a 22 persoas máximo e a un mínimo de 8 persoas. Confirmar asistencia, mais info e inscripcions:+34 676030753 / [email protected]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies Más información sobre cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies