Detalles del entrenamiento
Distancia total: 5.7 km
Elevación máxima: 617 m
Elevación mínima: 541 m
Total ascendido: 204 m
Total descendido: -204 m
Tiempo total: 00:00:00
Archivo gpx: Descargar
Tipo de entrenamiento: Mountain bike
Dificultad: Baja
Terreno: Sendero 
Tipo de recorrido: Circular
Autor: Aviva Center
Fecha de creación: 16/09/2014
Ranking de tiempos
Usuario | Tiempo |
---|---|
Aviva Center |
Parque Forestal Outeiro da Cela «Centro BTT Serra do Xurés, ruta nº 1»
Fuente: http://www.turgalicia.es/ruta-PARQUE-FORESTAL-OUTEIRO-DA-CELA?langId=gl_ES
O Parque Forestal de Outeiro da Cela forma parte do Complexo turístico-deportivo do Corgo, onde se sitúa un dos Puntos de Acollida do Centro BTT Serra do Xurés. Unha área recreativa natural de case 40 hectáreas cunha ruta moi sinxela, sen apenas desnivel acumulado, e que, ao longo dos seus case 6 quilómetros de percorrido, permite achegarse á beira do encoro das Conchas e coñecer a aldea do Rañadoiro. Recoméndase subir ao punto máis alto do Noval, un pequeno outeiro moi próximo ao lugar de inicio desta ruta á que se accede por varias pistas sinalizadas. Desde aquí, pódese gozar dunha bela panorámica do encoro e dos restos arqueolóxicos do campamento militar romano Aquis Querquennis, no veciño municipio de Bande. O complexo do Corgo conta cun cámping e unha ampla oferta de ocio para desfrutar desta zona privilexiada. Destacan as actividades náuticas como o kaiak e a vela, así como a posibilidade de participar en rutas de sendeirismo organizadas ou practicar escalada no seu rocódromo ao aire libre.