menu close menu

Detalles del entrenamiento

  • Distancia total: 32.54 km

  • Elevación máxima: 1133 m

  • Elevación mínima: 742 m

  • Total ascendido: 1285 m

  • Total descendido: -1286 m

  • Tiempo total: 00:00:00

  • Archivo gpx: Descargar

  • Tipo de entrenamiento: Mountain bike

  • Dificultad: Muy alta

  • Terreno: Sendero 

  • Tipo de recorrido: Circular

  • Autor: Aviva Center

  • Fecha de creación: 16/09/2014

Ranking de tiempos

Usuario Tiempo
Aviva Center 00:00:00
avonalec03:00:00
avivacenter04:00:00

Picos de Fontefría “Centro BTT Serra do Xurés, ruta nº 4”

Fuente:

http://www.turgalicia.es/ruta-picos-de-fontefria?langId=gl_ES

Sen dúbida, estamos ante un dos percorridos máis espectaculares e máis esixentes. Cun total de 32,4 quilómetros e rozando os 1.700 metros de desnivel acumulado, é un verdadeiro desafío para os ciclistas máis experimentados.
Desde o Punto de Acollida das Maus de Salas, tras cruzar o encoro, deixamos á nosa esquerda o dolmen coñecido como Casola do Foxo e desviámonos cara á dereita por unha pista ancha de terra.
A través dun longo ascenso, a ruta vaise introducindo pouco a pouco na típica paisaxe granítica e medio desértica do Xurés ata alcanzar a zona coñecida como Outeiro do Home Dereito, a 1.115 m de altitude.
O percorrido continúa para chegar á aldea do Salgueiro, situada aos pés dos Picos de Fontefría, abandonada polos seus moradores na metade do século XIX debido á difi cultade de establecer vías axeitadas de acceso. Todo o conxunto de construcións e os seus terreos limítrofes pertencen na actualidade á Xunta de Galicia, que, en colaboración co Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, está a levar a cabo diferentes programas de xestión do medio e a súa reconstrución paulatina.
Nas súas proximidades puxéronse en marcha programas de recuperación da cabra montesa.
Abandonando O Salgueiro e tras un forte ascenso, chegamos á carballeira da Barxa, zona de bosque autóctono moi ben conservado e Reserva Integral deste espazo protexido.

Para acceder á aldea do Salgueiro, propiedade da Xunta de Galicia, os visitantes deberán comunicar ao Parque Natural vía telefónica (988 448 048 de 10:00 a 14:00 e de 16.00 a 18:00 h), vía fax (988 448 181) ou vía correo electrónico (parque. [email protected]), os seguintes datos:

  • Responsable (nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfono, e-mail de contacto e mención expresa de qué coñece e acepta as normas de acceso )
  • Data da visita
  • Número de participantes

O acceso á aldea deberá ser a pé ou en bicicleta en horario de 10:00 a 20:00 h en xullo e agosto e de 10:00 a 18:00 h o resto do ano.

Saída Centro de Montaña Aviva. As Maus de Salas
41ª56´10.53”N / 007º55´28.59”W
altura máxima des. acum. positiva[+] distancia enlaces
1161 m 1106 m 32,4 km 5
Chegada Centro de Montaña Aviva. As Maus de Salas
41ª56´10.53”N / 007º55´28.59”W
altura mínima des. acum. negativo[-] tempo dificultade
766 m -1106 m 4h Dificultade dificil
0 comentarios



Publicar respuesta

Tu dirección de correo no será publicada.

Puedes utilizar estas HTML etiquetas y atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

*

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies Más información sobre cookies

ACEPTAR