Archivo gpx: Descargar
Tipo de entrenamiento: Senderismo
Dificultad: Baja
Terreno: Pista Sendero 
Tipo de recorrido: Circular
Autor: Aviva Center
Fecha de creación: 26/03/2015
Ranking de tiempos
Usuario | Tiempo |
---|---|
Aviva Center |
Archivo gpx: Descargar
Tipo de entrenamiento: Senderismo
Dificultad: Baja
Terreno: Pista Sendero 
Tipo de recorrido: Circular
Autor: Aviva Center
Fecha de creación: 26/03/2015
Usuario | Tiempo |
---|---|
Aviva Center |
Fuente:
http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3494863
O Roteiro Megalítico do Val do Salas sumérxenos na prehistoria recente do noso país, é un percurso por unha paisaxe prehistórica que percorre as míticas terras onde hai 5000 anos se estableceron os primeiros agricultores e gandeiros de Galicia. Estes individuos, da avanzada sociedade neolítica, ergueron os seus monumentos funerarios deixando testemuña dun incipiente culto relixioso polo astro rei e crenzas que van mais alá do seu paso polo planeta. Descripción Comezaremos na presa do Salas, á beira da “Casiña da Moura”, un potente dolmen que foi trasladado do seu emprazamento orixinal, cando se construíu a presa a finais da década dos 60 do século XX. A contención das augas do Val do Salas por esta xigantesca mole de cemento asulagou unha inxente cantidade de Patrimonio Arqueolóxico. Cruzaremos o muro de formigón para chegar á “Casola do Foxo”, un pintoresco dolmen rodeado dunha fermosísima paisaxe de auga e picos montañosos. Entraremos nunha pista que circunvala o encoro, fixándonos nas curiosas formacións caóticas de bolos e bloques diaclasados ás que a auga vai modelando. Se nos atopamos en época estival, poderemos disfrutar do baño nas limpas augas do encoro de Salas, de momento libres de contaminación. De igual xeito, en temporada de pesca o Salas proporcionaranos magníficas capturas de troitas e bogas aos pescadores experimentados. Novamente, atravesaremos o encoro na ponte de Guntumil, para acceder á necrópole megalítica de Outeiro de Covaladre, onde observaremos dous enterramentos neolíticos escavados na década dos 90 polo profesor José María Eguileta Franco. Logo continuaremos bordeando o encoro ata chegar a Maus de Salas, onde poderemos beber auga fresca e contemplar unha mostra da Arte Popular Galaica representada no cruceiro pétreo de As Maus. Se as augas do encoro están baixas, descenderemos ata o mesmo para explorar unha mámoa á que as augas foron descarnando para deixar á vista as súas entrañas neolíticas. Continuando desde as Maus de Salas, abordaremos o último tramo do roteiro, observando sempre de frente as agrestes formacións dos Picos de Fontefría, onde águias reais, cabras montesas e lobos, son os donos absolutos destes bosques centenarios.