Detalles del entrenamiento
Distancia total: 26.26 km
Elevación máxima: 897 m
Elevación mínima: 594 m
Total ascendido: 1273 m
Total descendido: -1274 m
Tiempo total: 00:00:00
Archivo gpx: Descargar
Tipo de entrenamiento: Carreras montaña
Dificultad: Alta
Terreno: Sendero 
Tipo de recorrido: Circular
Autor: Aviva Center
Fecha de creación: 16/09/2014
Ranking de tiempos
Usuario | Tiempo |
---|---|
Aviva Center |
Travesìa do Xurès
Fuente: http://www.turgalicia.es/ruta-TRAVESIA-DO-XURES?langId=gl_ES
A ruta parte da antiga reitoral de San Pedro en Muíños, hoxe reconvertida en aloxamento de Turismo Rural. De forma ascendente, condúcenos á poboación do Agrelo, que cruzaremos para chegar a Picós, a través dunha zona de bosque autóctono ben conservada. Seguindo a sinalización da senda PR-G Torrente-Salgueiro, pertencente á rede de rutas do Parque, alcanzamos a ermida da Clamadoira, desde onde se pode contemplar unha bela panorámica sobre o val do río Limia. A pequena igrexa do século XVIII atópase rodeada por uns magnífi cos carballos centenarios. A seguinte parada obrigatoria será a aldea de Prado de Limia, onde poderemos gozar da típica arquitectura popular do Xurés, así como da igrexa de San Salvador e dun forno comunal rehabilitado. Cruzamos o río Salas por unha ponte de pedra ata alcanzar unha área recreativa con varios muíños, algúns aínda en funcionamento. Por unha pista en bo estado ascendemos en dirección a Albite, unha pequena aldea gandeira. Tras unha subida e un descenso moi técnicos, chegamos á parroquia da Cela, onde as súas casas e cortes se funden cos grandes bolos graníticos conformando unha arquitectura singular.
Augas abaixo da Cela, atópase a espectacular fervenza da Poza da Seima. Cruzamos o río Salas por unha ponte de madeira para iniciar un esixente porteo coa nosa bicicleta duns 15 minutos de duración ata alcanzar a pista de terra que vai cara a Reparade, onde enlazamos coa Ruta 6 “Vía Nova”, que vén desde Lobios.
Abandonando Reparade, o sendeiro condúcenos de novo e de forma ascendente cara á ermida da Clamadoira. O regreso cara á reitoral de San Pedro é a través dun sendeiro estreito que fi naliza na estrada de Mugueimes, a escasos metros do fi nal deste percorrido.